Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.151

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de outubro de 2001 pola que se conceden o Premio José Varela de Montes de Investigación Sanitaria e o Premio para Investigadores Mozos (área sanitaria), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2001.

Pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de xuño de 2001 (DOG do 2 de xullo), convocáronse o Premio José Varela de Montes de Investigación Sanitaria e o Premio para Investigadores Mozos (área sanitaria), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2001.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe darse a coñecer mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlle o Premio José Varela de Montes de Investigación Sanitaria a Ángel Carracedo Álvarez.

Segundo.-Concederlle o Premio para Investigadores Mozos (área sanitaria) a Francisco Javier Blanco García.

Esta orde pon fin á vía administrativa segundo o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999,

do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública