Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.152

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2001 pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 1161/2001 JL, interposto por Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Para dar cumprimento ó solicitado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, en relación co recurso 1161/2001 interposto por Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), contra inactividade administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública polo non pagamento da subministración da enerxía eléctrica do edificio multiusos sito na r/ Ronda da Muralla 70, Lugo, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito xulgado.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, co fin de que poidan comparecer e constituírse en parte nos ditos autos no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, no prazo de nove (9) días contados desde

o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo dispón o artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2001.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública