Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.152

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 19 de outubro de 2001 pola que se amplía a dotación de crédito para o financiamento de axudas a entidedes locais para a formulación de planeamento urbanístico, solicitadas ó abeiro da Orde do 16 de abril de 2001.

O Diario Oficial de Galicia do 26 de abril de 2001, publicaba a Orde do 16 de abril de 2001, pola que

se regula a concesión de axudas a entidades locais para a formulación de planeamento urbanístico.

No artigo 2, establecía, entre outros, o importe de 330.968,70 euros, equivalentes a 55.068.558 pesetas destinado ó financiamento das axudas.

Unha vez comprobada a contía das solicitudes e as dispoñibilidades orzamentarias

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplíase a dotación inicialmente prevista na Orde do 16 de abril de 2001, pola que se regula a concesión de axudas a entidades locais para a formulación de planeamento urbanístico, na contía de sesenta e sete mil setecentos corenta e cinco euros e quince céntimos (67.745,15) que equivalen a once millóns duascentas setenta e unha mil oitocentas corenta e cinco (11.271.845) pesetas.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2001.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda