Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 18 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de revogación do 30 de maio de 2001 das axudas á contratación indefinida de persoas con discapacidade do expediente administrativo FM 342A 1999/109-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida de persoas con discapacidade da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 8-2-1999 (DOG nº 30, do 15 de febreiro), publícase:

1. Expediente de procedemento: FM 342A 1999/109-5.

Orde da convocatoria: 8 de febreiro de 1999 (DOG nº 30, do 15 de febreiro).

Interesado: Comercial Gallega Boj, S.L.

Enderezo: r/ Hermanos Nodales, 6 B, 36001 Pontevedra.

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 30 de maio de 2001, ó abeiro da Orde do 8-2-1999.

Resolución:

«Examinado o expediente de axudas pola contratación indefinida de traballadores con discapacidade, presentada por Comercial Galega Boj, S.L. e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro: a solicitude foi presentada o 27-10-1999 e estimada na Resolución do 23-3-2000, pola que

se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 1.300.000 pesetas pola contratación indefinida de 2 traballadores.

Segundo: o pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro: o beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:

Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social e na Axencia Estatal Tributaria.

Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma

Documentos de cotización á Seguridade Social TC1 e TC2 pagado, correspondente ó mes de xaneiro/2000.

Cuarto: na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro: a competencia, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, correspóndelle a esta delegación provincial en virtude do artigo 8 da Orde do 8 de febreiro de 1999 (DOG nº 30, do 15 de febreiro) pola que se establecen os programas de fomento da contratación indefinida de traballadores con discapacidade para o exercicio de 1999.

Segundo: a disposición adicional 2ª da orde reguladora determina a revogación das axudas e subvencións concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Revoga-la resolución desta delegación provincial do 23-3-2000, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 1.300.000 pesetas pola contratación indefinida de 2 traballadores con discapacidade.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que non pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso de alzada, ante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 22.3º da orde da convocatoria e nos artigos 107.1º, 114, e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 30 de maio de 2001. P.D. Delegado Provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 18 de setembro de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra