Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2001 pola que se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Plan parcial do SUNP-2 (Salgueiriños) en Santiago de Compostela.

1. O Pleno da Corporación Municipal de Santiago de Compostela en sesión celebrada o día 3 de xullo de 1998 aprobou definitivamente o Plan parcial de ordenación do SUNP nº 2 en Salgueiriños (BOP do 18 de novembro e DOG do 27 de novembro).

O dito plan parcial contén a delimitación dun único polígono que comprende a totalidade do seu ámbito, determinándose como sistema de actuación o de expropiación, que realizará este Instituto Galego da Vivenda e Solo de conformidade cos acordos subscritos co concello e o establecido no dito plan parcial, a aprobación do cal implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificios correspondentes ós fins de expropiación segundo o establecido no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e no artigo 54 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

2. Por resolución desta dirección xeral, do 10 de xullo de 2000, foi convocado concurso público para a execución mediante concesión do citado plan parcial, de conformidade cos artigos 211 e 212 do Regu

lamento da xestión urbanística e por Resolución do 18 de maio de 2001 foi adxudicada a citada concesión á sociedade Salgueiriños de Vivendas, Sociedad Cooperativa Limitada, establecéndose que a execución comportará a adquisición polo concesionario, se é o caso, como beneficiario da expropiación, da totalidade dos inmobles e dereitos existentes no polígono, sendo obriga do concesionario redactar e presentar ante o IGVS, para o seu trámite polo procedemento de taxación conxunta, o proxecto de expropiación e satisfacer como beneficiario desta os prezos e indemnizacións correspondentes ós bens e dereitos expropiados.

3. Formulado pola citada entidade concesionaria o oportuno proxecto de expropiación, pola presente, de conformidade co artigo 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e o artigo 202 do Regulamento de xestión urbanística, acordo sometelo a información pública por prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun periódico dos de maior circulación da provincia, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que estimen convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, e notificar individualmente as taxacións ós que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración para que poidan formular alegacións no prazo dun mes contado a partir da data de notificación.

O expediente estará exposto nas oficinas da sede central deste IGVS sito en Área Central, s/n, do polígono das Fontiñas, e as alegacións, dirixidas a esta Dirección Xeral do IGVS, poderán presentarse no rexistro da sede central deste IGVS ou no da súa Delegación Provincial da Coruña, ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2001.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

de Vivenda e Solo

Relación de propietarios e bens afectados

Parcela nºPropietariomValor mValor solo

PesetasEurosPesetasEuros

9Herdeiros de José Vilar Vilar4.2276.05736,4026.883.086161.570,60

18Peregrina Álvarez García e herdeiros de Casimiro Beiras Soneira4636.05736,402.944.61117.697,47

19Manuel Raúl Iglesias Vilar3.7556.05736,4023.881.237143.529,13

20Manuel Raúl Iglesias Vilar e outros1.006,56.05736,406.401.18838.471,91

23.1Demetrio Campos Fernández2766.05736,401.755.31910.549,68

68Herdeiros de Manuel García Casas1.2706.05736,408.077.00948.543,80

75Antonio Couselo Chenel4496.05736,402.855.57317.162,34

79Herdeiros de José Vilar Vilar e Ramona Montero González 9726.05736,406.181.77437.153,21

82Herdeiros de José Vilar Vilar e Ramona Montero González 1.5256.05736,409.698.77158.290,79