Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 18 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de revogación do 16 de maio de 2001 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 1999/4664-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 22-3-1999 (DOG do 31 de marzo), publícase:

1. Expediente de procedemento: FM 342B 1999/4664-5.

Orde da convocatoria: 22 de marzo de 1999 (DOG do 31 de marzo).

Interesado: Conscar Arosa, S.L.

Enderezo: r/ Juan Carlos, 1-7º 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 16 de maio de 2001, ó abeiro da Orde do 22-3-1999.

Resolución:

«Examinado o expediente de axudas pola contratación indefinida de traballadores, presentada por Conscar Arosa, S.L. e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro: a solicitude foi presentada o 5-10-1999 e estimada na Resolución do 25-5-2000, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 300.000 pesetas pola contratación indefinida dun traballador.

Segundo: o pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro: o beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:

Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social e na Axencia Estatal Tributaria.

Certificado de non ter contraídas débedas coa administración pública da Comunidade Autónoma.

TC1 e TC2, dos meses seguintes: febreiro/2000, setembro/1999, decembro/1998 e outubro/1998.

Cuarto: na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro: a competencia, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, correspóndelle a esta delegación provincial en virtude do artigo 18.1º a) da Orde do 22 de marzo de 1999 (DOG do 31 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 1999.

Segundo: a disposición adicional 2ª da orde reguladora determina a revogación das axudas e subvencións concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Revoga-la resolución desta delegación provincial do 25-5-2000, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 300.000 pesetas pola contratación indefinida dun traballador.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que non pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso de alzada, ante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 22.3º da orde da convocatoria e nos artigos

107.1º, 114, e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 16 de maio de 2001. P.D. Delegado Provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 18 de setembro de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra