Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7027; XG-401, Santiago de Compostela-Carballo-A Laracha, con anexos.

A Dirección Xeral de Transportes, mediante Resolución do 4 de outubro de 2001, autorizou unha modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7027; XG-401, Santiago de Compostela-Carballo-A Laracha, con anexos, da titularidade da empresa Autos Carballo, S.A.

A citada modificación afecta ós puntos 2.1. Itinerarios, 2.2. Prohibicións de tráfico e 2.4. Expedicións e calendario do título concesional, outorgado mediante Orde do 6 de xullo de 2000, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG nº 207, do 25 de outubro), e consisten no seguinte:

1. Itinerarios novos que se autorizan.

* Carballo, Proame e A Laracha.

* Carballo, Cances, Buño, Cerqueda, Malpica, Mens, Brantoas, Corme e Corme porto.

* Buño, Pazos, Tella, Ponteceso, As Revoltas, Canduas e Laxe.

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Carballo e A Laracha, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre Carballo, Malpica e Corme porto, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre Carballo e Laxe, puntos intermedios e viceversa.

* Mantéñense as demais prohibicións de tráfico establecidas no título concesional.

3. Expedicións e calendario.

3.1. Modificacións en liñas de expedicións do titulo concesional.

Carballo-A Canosa-cruzamento Anxeriz-Rial-

Bembibre-Portomouro-Santiago de Compostela.

Esta liña de expedición queda redactada co seguinte número de expedicións e calendario:

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables en período non lectivo.

* Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

* Unha expedición de ida os domingos e festivos en período non lectivo.

* Unha expedición de volta os domingos e festivos.

* Dúas expedicións de ida e unha de volta os sábados laborables.

* Unha expedición de volta os sábados laborables en período non lectivo.

A Laracha-A Pontepedra-cruzamento Trazo-Agro do Mestre-Ponte Albar-Santiago de Compostela.

Suprímense esta liña e as expedicións nela establecidas.

3.2. Novas liñas de expedición que se autorizan.

Carballo-Proame-A Laracha-A Pontepedra-cruzamento de Trazo-Agro do Mestre-Ponte Albar-Santiago de Compostela.

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Malpica-Buño-Carballo-A Canosa-cruzamento An-

xeriz-Rial-Bembibre-Portomouro-Santiago de Com-

postela.

* Dúas expedicións de ida e unha de volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de volta de luns a xoves laborables.

* Unha expedición de volta os venres laborables en período non lectivo.

Corme porto-Malpica-Buño-Carballo-A Canosa-cruzamento Anxeriz-Rial-Bembibre-Portomouro-Santiago de Compostela.

* Unha expedición de volta os venres lectivos.

* Unha expedición de volta os días lectivos véspera de festivo.

* Unha expedición de ida os domingos véspera de lectivo e festivos véspera de lectivo.

Santiago de Compostela-Portomouro-Bembibre-

Rial-cruzamento de Anxeriz-A Canosa-Carballo-

Buño-Pazos-Tella.

* Unha expedición de ida os sábados laborables en período lectivo.

Laxe-Ponteceso-Buño-Carballo-A Canosa-cruzamento Anxeriz-Rial-Bembibre-Portomouro-Santiago de Compostela.

* Unha expedición de ida e volta os luns e venres lectivos.

* Unha expedición de ida os domingos véspera de lectivo e festivos véspera de lectivo.

3.3. Outras expedicións.

Mantéñense tódalas demais liñas de expedicións, calendarios e horarios actualmente establecidos na concesión que non resulten afectados pola citada resolución.

4. Outras condicións.

Manteranse as establecidas no título da concesión V-7027; XG-401.

Contra a citada autorización poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes