Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52330).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: cambio nome instalacións de media tensión e baixa tensión.

Situación: polígono das Fontiñas-Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: cambio de nome das instalacións eléctricas de media tensión e baixa tensión que o Instituto Galego de Vivenda e Solo tiña no polígono das Fontiñas, a Unión Fenosa, que constan de: centro de seccionamento nº 1, os centros de transformación de tipo interior denominados Fontiñas 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 de 1.000 kVA cada un, e as liñas de media tensión subterráneas que os enlazan.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de setembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña