Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución da vía VL-F12.01 no lugar da Cabana, no concello da Coruña.

Antecedentes.

1. O Concello da Coruña remite o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación

conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución da vía VL-F12.01, de conformidade co disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

2. O Concello da Coruña, en sesión plenaria do día 26 de xaneiro de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación para a execución da vía VL-F12.01 no lugar da Cabana, e sometelo a información pública polo prazo dun mes anunciándose nos xornais El Ideal Gallego e La Voz de Galicia do 16 de febreiro de 2001 e no DOG do 20 de febreiro e no BOP do 16 de febreiro.

3. A taxación foi notificada individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de aprezo e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da LSG.

4. O Concello da Coruña emitiu informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas polos interesados, de conformidade co artigo 145.6º da LSG, e remite o expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 145 da LSG.

Segundo.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da LSG:

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto a situación, superficie e lindeiros.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.

Terceiro.-No Concello da Coruña está vixente o Plan xeral de ordenación municipal aprobado o 19 de outubro de 1998.

Os terreos obxecto de expropiación están clasificados no planeamento vixente como solo urbano coa cualificación de sistema local de viario VL-F12.01 constando no planeamento como sistema para obte-los ditos terreos o de expropiación.

Á vista do dito e de acordo co establecido no artigo 54 da LSG en relación co artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións (LRSV) resulta acreditada a utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados.

Cuarto.-O concello utilizou os criterios de valoración do título III da LRSV.

Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000) pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, Lei sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución da vía VL-F12.01 no lugar da Cabana, no Concello da Coruña, para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da LSG, con estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes de contestación a elas que constan no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146.1º da LSG.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146.2º da LSG).

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó concello e de xeito individualizado a tódolos que aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta dirección xeral de urbanismo a súa disconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da LSG, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da LSG).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

Nº predioPropietarioSuperficie mValoración eurosValoración ptas.

1María Gestal Gómez316.472,791.076.982

2Carmen García Canosa81.670,40277.931

3Silvia García Mosquera4835,20138.965

4Manuela Canosa Pardo1208,8034.741

5Esperanza Cambón Fernández6212.945,582.153.964

6María Teijido Mena3626,40104.224

7Carmen López Suárez245.011,19833.792

8Manuel Teijido Mena367.516,791.250.689

9Francisco López Teijido469.604,791.598.102

10Manuel Fuentes Teijido5411.275,191.876.033

11Conjuntos Residenciales, S.A.7515.659,982.605.601

12María Luisa Martín Boedo5812.110,382.014.998

13Carmen García Teijido6212.945,582.153.964

14Eulalia Ventura Teijido5611.692,791.945.516

15José Díaz Rey21244.265,547.365.166

16Manuel Teijido Gestal40685.706,6614.260.388

17José Canosa Pardo44492.707,0715.425.159

18María Morales Seoane24551.155,938.511.631

19Arcolar, S.L.33870.574,3011.742.576

20Manuel Fuentes Teijido9421.812,933.629.366

21Manuela Canosa Pardo34672.244,7012.020.507

22Mª Isabel Canosa Deza34672.244,7012.020.507

23Juan Rivero García27158.175,009.679.506

24Arcolar, S.L.26455.123,129.171.716

25Antonio Teijido Mena30086.475,3914.388.294

26Inversora Obelisco45597.654,3316.248.314

27Antonio Calvete Teijido17738.535,216.411.719

28Pilar Gestal Parada24050.111,938.337.924

29Rosa Rodríguez Rodríguez33870.574,3011.742.576

30Consuelo Manteiga Agra7818.909,293.146.241

31Carmen García Canosa21253.415,528.887.594

32Carmen García Canosa21047.445,007.894.184

33Andrés Javier Mira Pazos142.923,20486.379

34María Morales Seoane14630.484,765.072.237

35María Teijido González377.725,591.285.430

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Gali

cia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, segundo o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA). Así mesmo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116, 117 e 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo (art. 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

No suposto de que o interesado sexa unha Administración pública, no lugar do recurso de reposición poderá dirixir ó órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 da LXCA.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifesta-la súa desconformidade como se indicou no punto 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da LSG.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2001.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo