Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.033

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (39/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que en autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 39/2001, contra a empresa Oxilema, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte setencia:

«Na Coruña, 6 de xuño de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 39/2001, seguidos por instancia de Celia Añón Antelo, José Antonio López Caamaño e José Antonio Rodríguez Pereira, maiores de idade, asistidos polo letrado José Nogueira Esmorís, contra a empresa Oxilema, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polos demandantes contra a empresa Oxilema, S.L., condenando a demandada a aboar a cada un dos demandantes as seguintes cantidades: a Celia Añón Antelo 481.573 pesetas; a José Antonio López Caamaño 1.057.934 pesetas e a José Antonio Rodríguez Pereira 997.102 pesetas por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 25.000 pesetas na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Oxilema, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado