Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.033

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (632/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testimonio:

En autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 632/2001, por instancia de Albino Rodríguez Diéguez e outro contra a empresa Losas Iglesias Hermanos, S.L. sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

«Na Coruña o 25 de setembro de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 632/2001, seguidos por instancia de Albino Rodríguez Diéguez e Manuel Picos Penabad, maiores de idade, asistidos por José Páramo

Sureda, contra a empresa Losas Iglesias Hermanos, S.L., que non compareceu nos autos e o Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido pola letrada María Paz Gómez, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, desestimando a excepción de caducidade e estimando a demanda interposta polos demandantes, intervindo o Fondo de Garantía Salarial, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Losas Iglesias Hermanos, S.L. e extinguida a relación laboral, condenando á empresa a aboar ós demandantes ás seguintes cantidades: a Albino Rodríguez Diéguez, 66.000 pesetas como indemnización e 478.500 pesetas por salarios de tramitación; a Manuel Picos Penabad, 443.125 pesetas como indemnización e 366.300 pesetas como salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo resgardo acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

O secretario xudicial

Rubricado