Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.032

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (621/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 621/2001, seguidos por instancia de Juan Carlos Laíño Varela contra Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L. sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 21-9-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Juan Carlos Laíño Varela contra a empresa Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimen

to, e non sendo posible a reincorporación do demandante no seu posto de traballo, debo declarar resolta a relación laboral, condenando á empresa demandada a que faga o pagamento ó demandante, no concepto de indemnización, da cantidade de 25.624 pesetas, máis os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar resgardo acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primera instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para lle sirva de notificación a Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Calvo Sotelo, 21, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 21 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado