Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.032

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (190/2001).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 190/2001, se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, o seis de xullo de dous mil un.

Jorge Cid Carballo, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco, visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 190/2001, seguida por unha falta de danos contra Antonio Folgar Ageitos, natural de Santiago de Compostela, nacido o 7 de marzo de 1956, fillo de José e de Carmen, sendo parte nela o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver como absolvo a Antonio Folgar Ageitos da falta de danos de que viña acusado, con declaración de custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Antonio Folgar Ageitos, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, o vintesete de setembro de dous mil un.

A secretaria

Rubricado