Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.032

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BECERREÁ

EDICTO (162/2000).

Ulpiano González López, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia de Becerreá (Lugo), fai saber que nos autos que a seguir se dirán se dictou sentencia, cun encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Setencia. Dada en Becerreá (Lugo), o 2 de xullo de 2001.

Vistos por Ulpiano González López, xuíz único do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Becerreá (Lugo), os autos de xuízo verbal nº 162/2000, sobre negatoria de servidume, por instancia do procurador Ricardo López Mosquera, en nome e representación de María Marta Rivera Pérez (no seu propio nome e no da comunidade hereditaria do seu pai) e asistida polo letrado (ilexible), contra Genoveva Páez Lebón (falecida durante a tramitación e sucédena procesualmente), dirixíndose a demanda contra José Celeiro Páez, representado pola procuradora Olga Fernández Núñez e asistida polo letrado (ilexible), declarándose o resto dos demandados en rebeldía e atendendo os seguintes,

Decido:

Estimo a demanda interposta por María Marta Rivera Pérez, representada polo procurador Ricardo López Mosquera, e declaro que o espacio de terreo existente entre as edificacións Casiña e Casucho, circunstanciado no antecedente primeiro, non debe servidume de paso á propiedade denominada Cortiña da Porta e Abredo, polo que os demandados José Celeiro Páez, representado pola procuradora Olga Fernández Núñez e Jesús Celeiro Páez e Divina, Adela e María Fe Celeiro Páez e fillos do primeiro matrimonio de Genoveva Páez Lebón, en rebeldía no procedemento, deben absterse de usa-lo dito paso.

En canto ás custas, son por conta do demandado.

Así o acordo e asino. Contra esta resolución cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial, que deberá prepararse, de se-lo caso, no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación neste xulgado».

E para que conste e para a súa publicación no DOG, para que lle sirva de notificación en forma á parte demandada, en situación procesual de rebeldía, expido e asino este edicto en Becerreá o 3 de xullo de 2001.

Rubricado