Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.029

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2001 pola que se convocan cursos para persoal de Administración local en colaboración coa Dirección Xeral de Administración Local.

No uso das atribucións outorgadas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse, en colaboración coa Dirección Xeral de Administración Local, os cursos indicados no anexo I desta resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que correspondan, a instancia que, como modelo, se recolle no anexo II desta resolución.

2. A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso que se solicita, así como á imposibilidade de participar en ningún curso no ano seguinte.

3. O prazo de presentación de instancias rematará o 3 de novembro de 2001.

4. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo recollido no anexo II desta resolución e dirixiranse á Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela. As instancias presentaranse no Rexistro da EGAP, pero poderanse utilizar, así mesmo, os sistemas previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada actividade do referido anexo I.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección, dirixidos a concilia-las necesidades da organización na que prestan servicios os aspirantes e os intereses individuais destes, terán en conta a maior relación do posto de traballo desempeñado co contido do curso. Terán preferencia aqueles que non realizasen algún curso de similares características ó convocado. En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 agosto), pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades docentes da EGAP.

Efectuada a selección dos participantes, esta notificaráselles directamente ós admitidos e publicarase na páxina web: www.egap.xunta.es.

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselle certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nas actividades programadas. É obrigatoria a asistencia e a puntualidade a tódalas sesións previstas dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, se ben a falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas impedirá a expedición das correspondentes certificacións de participación e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento das actividades anunciadas co fin de adaptalas ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para estes efectos os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso sobre fiscalización interna e externa das entidades locais e sobre a responsabilidade das súas autoridades e funcionarios.

1. Obxectivos.

Perfeccionar e actualiza-los coñecementos dos participantes no procedemento de control interno e fiscalización das corporacións locais.

2. Destinatarios.

Persoal de corporacións locais que desempeñe postos de responsabilidade na área económico-financeira ou tarefas relacionadas con esta materia.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 27 horas.

3.2. Lugar: Pontevedra.

3.3. Datas: 20, 22, 27 e 29 de novembro, 3, 10, 12, 17 e 19 de novembro.

3.4. Horario: de 17 a 20 horas.

3.5. Prazas: 40.

4. Contido.

O control interno das entidades locais: clases, contido e alcance. A fiscalización dos gastos de persoal: cadro de persoal, relación de postos de traballo, oferta de emprego público. Incorporación de persoal funcionario, contratación de persoal laboral fixo e temporal. As nóminas mensuais, cotizacións sociais e retencións fiscais. A fiscalización do proceso de contratación administrativa dos convenios. A fiscalización en materia de axudas e subvencións públicas. Particularidades dos fondos procedentes da Unión Europea. O informe da intervención en expedientes singulares: aprobación e liquidación de orzamentos, ordenanzas fiscais, conta xeral e inmobilizado, operacións de préstamo, de tesourería e de depósito bancario. A fiscalización da xestión de ingresos dos entes locais. O control externo da xestión económico-financeira das contas. A función fiscalizadora externa. A situación económico-financeira dos entes locais de Galicia. O plan de fiscalización do Consello de Contas de

Galicia. A responsabilidade disciplinaria dos funcionarios públicos: circunstancias motivadoras, procedemento de recursos. Particularidades na súa aplicación ós funcionarios públicos locais. A responsabilidade contable: concepto, clases e elementos. Procedemento en vía administrativa e xurisdiccional. A responsabilidade penal: delictos de autoridades e funcionarios.

5. Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril e correción de erros, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administración Públicas do 10 de agosto de 1994, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,50 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 136/1997, do 5 de xuño, (DOG nº 114 do 16 de xuño), sobre a determinación dos méritos que lle corresponde fixar á Comunidade Autónoma nos concursos para a provisión de prazas reservadas a fun

cionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.

Curso: a transición ó euro na Administración local.

1. Obxectivos.

Prepara-lo persoal que vai asisti-los cidadáns con motivo das súas demandas de información por causa da desaparición da peseta. Resolución das dúbidas máis comúns en expedientes de contía diñeiraria e en especial ás que afecten a colectivos cualificados (anciáns, minusválidos sensoriais, menores, consumidores, persoal con carencias educativas).

Adquiri-los coñecementos necesarios para as adaptacións materiais que se acometerán no traballo no ano corrente, fundamentalmente no segundo semestre deste.

Trátase así de que a Administración local estea preparada para tranquilizar e asesora-los cidadáns, considerando a diminución do tempo de convivencia entre o euro e a peseta.

2. Destinatarios.

Persoal de corporacións locais.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 15 horas cada edición.

3.2. Lugares e datas de realización:

Lugo: 12, 13, 14, 15 e 19 de novembro.

Santiago de Compostela: 19, 20, 21, 22 e 26 de novembro.

Pontevedra: 20, 21, 22, 26 e 27 de novembro.

Vigo: 21, 22, 26, 27 e 28 de novembro.

3.3. Horario: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 20 por localidade.

4. Contido.

Os retos da Administración local ante a UE. Aspectos xerais da transición ó euro. Conclusións do grupo de traballo constituído na Comisión Nacional de Administración Local para a introducción do euro nas corporacións locais. O euro e os tributos locais. Aspectos orzamentarios e contables da transición ó euro. O euro e a contratación administrativa. O euro e a tesourería.

5. Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril e corrección de erros, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administración Públicas do 10 de agosto de 1994, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,20 puntos.