Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.034

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (74/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 74/2001, por instancia de Mutua Gallega Accidentes de Trabajo, contra INSS e outras, sobre outros, nos que recaeu sentencia en data 9-7-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, desestimando a demanda formulada por Mutua Gallega Accidentes de Trabajo, absolvo as demandadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no termo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte, ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación

e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confecciones Alve Mirón, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado