Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2001, da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da subministración dunha fotocopiadora dixital.

O secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos, actuando no nome do Conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencia segundo a Orde do 22 de febreiro de 1999, acorda facer pública a adxudicación definitiva da contratación convocada por Resolución do 31 de xullo de 2001 desta secretaría xeral, polo sistema de concurso público aberto para a subministración dunha fotocopiadora dixital.

De conformidade cos artigos 81 e 88 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e o punto 10 e 11 do prego de cláusulas administrativas particulares, a mesa de contratacións, constituída para o efecto, despois de examinar e pondera-las proposicións presentadas, eleva proposta de adxudicación ó órgano de contratación. Unha vez vistas as actas da mencionada mesa de contratación, e tendo en conta os artigos 73, 74 e 180 do citado Real decreto lexislativo 2/2000 e os puntos 7, 10 e 11 do prego de cláusulas administrativas particulares do presente contrato, esta secretaría xeral, resolveu adxudica-la citada contratación á empresa NEA ACSAGAL, S.L.U., por un importe, IVE incluído, de 2.313.165 pesetas (13.902,40 euros).

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas ad sensum dos artigos 58 e 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou publicación do acto, que pon fin á vía administrativa, conforme co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Jesús Parga López

Secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos