Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.974

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (566/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 566/2001, seguidos por instancia de Azucena Valdés Álvarez, contra as empresas Grupo Xovenga, S.L., José Ramón González Jiménez e outro por despedimento, se dictou a sentencia que no encabezado e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Lugo o vintecinco de setembro do ano dous mil un. Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal nº 566/2001, sobre reclamación por despedimento, no que son partes como demandante Azucena Valdés Álvarez, representada polo letrado Antonio Pavón Álvarez e como parte demandada o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceron as empre

sas demandadas Grupo Xovenga, S.L. nin José Ramón González Jiménez, a pesar de estaren citadas en legal forma.

Decido que estimando a demanda deducida por Azucena Valdés Álvarez, sobre despedimento, contra as empresas Grupo Xovenga, S.L. e José Ramón González Jiménez, debo declarar e declaro nula a decisión extintiva empresarial comunicada con efectos do 9-7-2001, condenando as empresas accionadas á inmediata readmisión da traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento, co aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a efectiva readmisión da traballadora, a razón de 3.735 pesetas brutas diarias do 9-7-2001 ó 31-8-2001 e desde 1-9-2001 a razón do salario mínimo interprofesional diario para traballadores maiores de 18 anos con inclusión da pro rata de dúas pagas extras, isto é, a razón de 2.805 pesetas brutas diarias, totalizando ata a data desta resolución duascentas sesenta e cinco mil duascentas setenta e cinco pesetas (265.275 pesetas). Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sen prexuízo da súa eventual

responsabilidade no caso de declaración da insolvencia empresarial. Notifíqueselle esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, previo o depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, e en especial o disposto no seu artigo 228; consistente en que será indispensable que o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións nº 2322-61-nº de autos 566/2001, que este xulgado do social ten aberta no Banco de Bilbao-Vizcaya, desta cidade, r/ da Raíña, nº 1, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante

aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 25.000 pesetas, prevido para esta clase de recursos que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65-nº de autos 566/2001 do Banco Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de seren as empresas demandadas condenadas as que o interpuxesen, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal. Así por esta miña sentencia

definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado. Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu secretario certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma ás empresas Grupo Xovenga, S.L. e José Ramón González Jiménez en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Lugo, o vintecinco de setembro de dous mil un.

O secretario

Rubricado