Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.974

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (565/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe es testemuño de que nos autos de xuízo número 565/2001, seguidos por instancia de María del Carmen Rodríguez López contra a empresa Grupo Xovenga, S.L., José Ramón González Jiménez e outro, sobre despedimento, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia: en Lugo, 25 de setembro de 2001. Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal número 565/2001, sobre reclamación de despedimento, no que son partes, como demandante, María del Carmen Rodríguez López, representada polo letrado Antonio Pavón Álvarez e, como parte demandada, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non comparecerou as empresas demandadas Grupo Xovenga, S.L., José Ramón González Jiménez, malia estaren citadas en legal forma.

Decido que estimando a demanda interposta por María del Carmen Rodríguez López, sobre despedimento, contra a empresa Grupo Xovenga, S.L., José Ramón González Jiménez, debo declarar e declaro nula a decisión extintiva empresarial comunicada con efectos do 9-7-2001, condenado as empresas demandadas á inmediata readmisión da traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento, co aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a efectiva readmisión da traballadora, e que ata a data desta resolución totalizan duascentas noventa e unha mil trescentas trinta pesetas (291.330 pesetas). Absólvese o Fondo de Garantía Salarial Fogasa sen prexuízo da súa ulterior responsabilidade, no caso de ser declarada a insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter con

signado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-61- nº de autos 565/2001, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco de Bilbao Vizcaya desta cidade, na rúa da Raíña nº 1, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 25.000 pesetas prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 565/2001 do Banco Bilbao Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-la

empresa demandada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado

Publicación: a anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.»

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma ás empresas Grupo Xovenga, S.L., e José Ramón González Jiménez, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, o 25 de setembro de 2001.

Rubricado