Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.973

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (122/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe es testemuño de que nos autos acumulados de xuízo número 489/501 de 2001 (execución 122/2001), seguidos por instancia de Adela García González contra a empresa Canard Luso, S.L., sobre despedimento, se dictou auto cun encabezamento e parte dispositiva que di:

Auto: na cidade de Lugo, 25 de setembro de 2001. Parte dispositiva: xa que a empresa Canard Luso, S.L., non procedeu á readmisión da traballadora demandante Adela García González, como así se acordou en sentencia con data do 28 de agosto de 2001, é procedente substituí-la obriga de readmitir por indemnización e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Canard Luso, S.L., e polo dito concepto, a que lle aboe á demandante a cantidade de cincocentas oitenta e unha mil cincocentas setenta e dúas pesetas (581.572 pesetas). Igualmente, debo condenar e condeno a referida empresa que lle aboe ó traballador, polo concepto de salarios deixados de percibir desde a data da notificación de sentencia ata a desta resolución, a cantidade de cento corenta e dúas mil trescentas cincuenta pesetas (142.350 pesetas).

Declárase extinguida a relación laboral que unía a traballadora Adela García González e a empresa Canard Luso, S.L., desde a data desta resolución.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días.

Así, por este meu auto, acórdao, mándao e asínao. María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo.

Rubricado