Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.973

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (118/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe es testemuño de que nos autos de xuízo número 526/2002 (execución 118/2001), seguidos por instancia de -ver pdf- contra a empresa Obras e Servicios Golada Obraserg, EC, S.L., sobre despedimento, se dictou auto cun encabezamento e parte dispositiva que di:

Auto: na cidade de Lugo, o 25 de setembro de 2001. Parte dispositiva: xa que a empresa Obras e Servicios Golada Obraserg, EC, S.L., non procedeu á readmisión do traballador demandante -ver pdf-, como así se acordou en sentencia con data do 22 de agosto de 2001, é procedente substituí-la obriga de readmitir por indem

nización e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Obras e Servicios Golada Obraserg, EC, S.L. e polo dito concepto, a que lle aboe ó demandante a cantidade de cento setenta e nove mil cento oitenta e sete pesetas (179.187 pesetas). Igualmente, debo condenar e condeno a referida empresa que lle aboe ó traballador, polo concepto de salarios deixados de percibir desde a data da notificación de sentencia ata a desta resolución, a cantidade de cento cincuenta mil oitocentas pesetas (150.800 pesetas).

Declárase extinguida a relación laboral que unía o traballador -ver pdf- e a empresa Obras e Servicios Golada Obraserg, EC, S.L., desde a data desta resolución.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días.

Así, por este meu auto, acórdao, mándao e asínao María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo.

Rubricado