Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.972

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (309/2001).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste

xulgado se seguen autos número 309/2001, seguidos por instancia de José Manuel Bouza Verdes contra Inserco S.C. e outra, sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 17-7-2001, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por José Manuel Bouza Verdes contra as empresas Inserco S.C. e Auxicoruña, S.L. condénoas solidariamente a aboarlle a cantidade de 635.556 pesetas, que lle deben en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Previndo a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar que ingresou na c/c de consignacións código 5604.0000.60 309-2001 do banco BBVA desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito; sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Inserco S.C. e Auxicoruña, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 21 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado