Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.972

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DA FONSAGRADA

EDICTO (24/2001).

María Elena Muruais Bao, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un da Fonsagrada, fai saber que en virtude do que se acordou en resolución do día da data, dictada no procedemento de execución hipotecaria 24/2001, que se segue neste xulgado por instancia do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, representado pola procuradora Soledad Sierra Villaverde, contra José María Rodríguez Villaverde e Aida Fernández Freire, en reclamación de 6.886.680 pesetas de principal e xuros, pola presente anúnciase a venda en poxa pública, con antelación de vinte días, cando menos, do predio situado en:

Casa de Cruz Nova, situada na Pobra de Burón, Concello da Fonsagrada, cunha cabida aproximada de 100 metros cadrados construída en pedra e madeira, cuberta de lousa, composta de planta baixa, destinada a corte, e forma unha unidade, o correspondente curral e palleiro.

Linda polos seus catro ventos con máis de José María Rodríguez Villaverde.

Inscrito no Rexistro da Propiedade da Fonsagrada no tomo 257, libro 123, folio 220, predio nº 15.404, inscrición primeira.

A poxa terá lugar o vindeiro día 30 de novembro de 2001, ás 12 horas, na sala de audiencias deste xulgado, situado na rúa Penela s/n, A Fonsagrada. A valoración do predio para os efectos da poxa é de once millóns de pesetas.

O inmoble que se poxa atópase ocupado.

A poxa desenvolverase conforme o que dispón os artigos 669 e 670 da LAC, en relación co artigo 647 do devandito texto legal.

O edicto con tódalas condicións xerais e especiais estará exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado e nos lugares públicos de costume, ata a data na que teña lugar a poxa e publicarase no Diario Oficial de Galicia.

En cumprimento do que se acordou, expido o presente edicto na Fonsagrada o 28 de setembro de 2001.

María Elena Muruais Bao

Xuíza de primeira instancia