Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.972

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DE VIGO

CÉDULA de notificación de sentencia (502/1999).

Nos autos de referencia dictouse a resolución que, no seu encabezamento e parte dispositiva, é do teor literal seguinte:

«Sentencia: 00073/2001. Procedemento: menor contía 502/1991. En Vigo, o cinco de abril do ano dous mil un. Francisco Javier Romero Costas, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez de Vigo e o seu partido, vistos os presentes autos de menor contía 502/1999, seguidos perante este xulgado, entre partes, dunha como demandante a entidade Bansandaser de Leasing, S.A. EFC, representada pola procuradora Gemma Alonso Fernández, e dirixida polo letrado José Carballo Rodríguez; e doutra como demandada a entidade Vifeco Galicia, S.A. con CIF nº A-15020225, con domicilio social na Coruña, r/ Gutemberg, polígono industrial A Grela-Bens, parcela II-12-2, representada pola procuradora Marina Lagarón Gómez; e contra a entidade Gallega de Electricidad, S.L., con CIF nº B-36632198, con domicilio na estrada do Porto, nº 7, Beade-Vigo, declarada en situación legal de rebeldía, sobre tercería de mellor dereito.

Resolvo que estimando a demanda de tercería de dominio interposta pola procuradora Gemma Alonso Fernández, en nome e representación da entidade Bansander de Leasing, S.A. EFC, contra as entidades Vifeco Galicia, S.A., representada pola procuradora Marina Lagarón Gómez, e contra Gallega de Electricidad, S.L., declarada en situación legal de rebeldía, debo declarar e declaro o dominio da demandante con referencia ó vehículo embargado nos autos do xuízo executivo nº 64/1999 deste xulgado, marca Ford Transit 100 L-bastidor nº WFOHXXGBVHP82995, matrícula PO-9559-BD, todo isto sen facer pronunciamento sobre as custas causadas nesta instancia. Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días. Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Francisco Javier Romero Costas. Asinado e rubricado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Gallega de Electricidad, S.L., expídese a presente cédula para que sirva de cédula de notificación e emprazamento en Vigo o vintesete de xullo do ano dous mil un.

O secretario

Rubricado