Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.975

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (925/2000).

Nos autos que neste xulgado se seguen co número arriba indicado, sobre cantidade, seguidos por instancia de Ángeles Castro Romero contra José Francisco García e outros C.B., José Salustiano López Calo, José Francisco García González, Ángel Treus Vicente, que con data do 1 de setembro de 2001 se dictaron autos coa parte dispositiva do teor literal seguinte:

«III. Parte dispositiva:

Acórdase admitir a trámite a demanda presentada e rexistrada. E de conformidade co disposto na Lei de procedemento laboral, cítese en legal forma as partes litigantes para , o día 14 de novembro ás 9.40 horas, compareceren na Sala de Audiencia do Xulgado do Social número dous, sito en r/ Viena, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de celebra-los actos de conciliación e xuízo que a lei prevén, entregándolle ó demandado no acto da citación a copia da demanda, a ela adxunta e prevíndoo de que se tenta valerse de avogado, graduado social ou procurador que o dirixa ou represente, deberao poñer en coñecemento deste tribunal, por escrito, dentro das corenta e oito horas seguintes, e facendo ámbalas partes as seguintes advertencias:

a) Que poden comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio dun representante que estea en pleno exercicio dos seus dereitos civís; a súa designación poderana facer mediante poder bastante, por medio de comparecencia perante este xulgado, ou perante o de primeira instancia ou de paz, se é o caso, se o domicilio da parte fose distinto do da residencia deste xulgado.

b) Que a celebración do acto terá lugar en única convocatoria e non se suspenderá pola inxustificada falta de asistencia das partes, nin tampouco por

enfermidade destas, nin dos seus representantes, nin dos seus defensores por canto as partes poden nomear representantes, estes e mesmo os defensores poden substituí-la representación ou a defensa de acordo coas leis, téndose por desistido o demandante se non comparece.

c) Os litigantes ou quen os represente teñen que concorrer con tódolos medios de proba de que tenten valerse.

E para as citacións acordadas, expídanse os oportunos despachos e cédulas de citación cos requisitos legais.

Admítese e declárase pertinente a proba proposta. Cítense a interrogatorio de partes os representantes legais das demandadas. Requírase as demandadas para que acheguen a documentación solicitada no outrosí da demanda.

Notifíqueselles estas resolucións ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que cabe recurso de reposición ante este xulgado no prazo de 5 días.

Así o acorda, manda e asina Mª Fe López Juiz, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, do que eu, secretario, dou fe».

E para que se publique no Diario Oficial de Galicia e sirva de notificación, citación a xuízo e a interrogatorio de parte e requirimento a José Francisco García e outros C.B. e a José Francisco García González, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 24 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado