Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.969

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 3 de outubro de 2001 pola que se establece, en determinados supostos, o sometemento dos incentivos á contratación por conta allea ó Regulamento (CE) 70/2001, da comisión, do 12 de xaneiro.

Os incentivos á contratación dirixidos a fomenta-la creación de emprego e a estabilidade establecidos na orde da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 27 de abril de 2001, pola que se establece o programa de fomento de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral (DOG nº 92, do 14 de maio) e na orde da mesma consellería, do 10 de maio de 2001, pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego (DOG nº 97, do 22 de maio), en canto recolle axudas á creación de novos empregos, debe axustarse a determinadas matizacións da normativa europea en relación co réxime aplicable en determinados supostos.

Polo exposto, e para a adecuación ó dereito comunitario,

DISPOÑO:

Artigo único.-Os incentivos á contratación pola creación de novos empregos previstos nas ordes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha do 27 de abril de 2001 pola que se establece o programa de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral (DOG nº 92, do 14 de maio), e outra, do 10 de maio de 2001 pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2001 (DOG nº 97; do 22 de maio), seralles de aplicación o Regulamento (CE) nº 70/2001, da

comisión, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado da CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOCE L10; 13 de xaneiro), cando se trate de empregos creados durante os tres primeiros anos seguintes á realización íntegra de todo proxecto de investimento, así como ós creados tras un aumento da taxa de utilización da capacidade creada por tal investimento e sempre que se refiran á actividade á que está ligado o investimento en cuestión.

En consecuencia, nestes supostos, non é de aplicación a condición establecida para o pagamento no artigo 13.4º da orde do 27 de abril de 2001, e no artigo 1.4º da orde do 10 de maio de 2001.

Disposición adicional única

En tódolos supostos de incentivos dirixidos á creación de novos empregos, para que as contratacións poidan ser obxecto de subvención deberán supoñer incremento neto de emprego, agás que se trate da contratación inicial de desempregados pertencentes a categorías de traballadores con especiais dificultades para a inserción laboral, en relación coa media de traballadores na empresa nos períodos de referencia que se recollan nas correspondentes ordes de convocatoria.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Fomento do Emprego para que dicte, no ámbito da súas competencias, as resolucións e aclaracións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2001.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude