Os incentivos á contratación dirixidos a favorece-la conciliación da vida laboral e familiar establecidos na orde da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 9 de maio de 2001 (DOG nº 92, do 14 de maio), como modalidade de axuda estatal ó emprego queda sometida á normativa europea.
Polo exposto, e para a súa adecuación ó dereito comunitario,
DISPOÑO:
Artigo único.-Os incentivos á contratación dirixidos a favorece-la conciliación da vida laboral e fami
liar establecidos na Orde do 9 de maio de 2001 (DOG nº 92, do 14 de maio) quedan sometidos ó réxime de axudas de minimis, polo tanto estas axudas non poderán exceder ós límites cuantitativos establecidos no Regulamento (CE) 69/2001, da Comisión, do 12 de xaneiro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOCE nº L10, do 13-1-2001).
En consecuencia, xa non é de aplicación a condición establecida para o pagamento no artigo 11.3º da Orde do 9 de maio de 2001.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Fomento do Emprego para que dicte, no ámbito da súas competencias, as resolucións e aclaracións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.
Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2001.
Manuela López Besteiro
Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,
Muller e Xuventude