Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.842

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (600/1999-E).

Eu, Federico Seoane Rosa, secretario do Xulgado de Instrucción número catro da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos arriba indicados foi dictada a sentencia co encabezamento e decisión que ten o contido literal que a seguir se relata:

«Sentencia. A Coruña, 17 de novembro de 2000.

Vistos os presentes autos de xuízo de faltas nº 600/1999, tramitados ante este xulgado por conducción sen seguro obrigatorio, no que son parte, ademais do Ministerio Fiscal, como denunciante o

policía local do Concello da Coruña, con carné profesional nº 2092 e como denunciado Luis Lado López e Joaquín Silva Silva.

Decido que debo condenar e condeno a Luis Lado López e a Joaquín Silva Silva, como autores da falta xa definida, a cadansúa pena de 40 días de multa con cota diaria de mil pesetas. Notifíquese esta resolución ás partes, prevíndoos de que contra ela poderán interpor, perante este xulgado, recurso de apelación no prazo de cinco días, por medio de escrito expresivo dos quebrantamentos de normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infraccións de preceptos constitucionais ou legais que se aleguen».

E para que conste e sirva de testemuño para notificación da sentencia recaída a Luis Lado López, expido este edicto na Coruña o dezasete de setembro de dous mil un.

O secretario

Rubricado