Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.843

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (34/2001).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co nº 34/2001, se acordou, por Resolución do 18 de setembro de 2001, a citación de Julia Rodríguez Rodríguez mediante a publicación da seguinte cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar nº 34/2001, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Julia Rodríguez Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, a fin de que o día 15 de novembro ás 10 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoo de que, de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, dezaoito de setembro de dous mil un.

A secretaria

Rubricado