Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.843

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (345/2000).

Eu, María Mercedes Santana Rodríguez, maxistrada xuíz de Primeira Instancia e Instrucción núme

ro un de Santiago de Compostela, fago saber que no devandito xulgado e co nº 345/2000 se tramita procedemento xudicial sumario ó abeiro do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia do Instituto Galego da Vivenda e Solo, contra Eduardo Cordido Silveira, María Violante Silva en reclamación de crédito hipotecario, no que por resolución desta data se acordou sacar a poxa pública por primeira vez e termo de vinte días os bens que logo se dirán, sinalando, para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 23 de novembro ás 10.30 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro: que non se admitirán ofertas que non cubran o tipo da poxa.

Segundo: que os licitadores, para tomar parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, S.A. nº 1583 unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento; sen este requisito non serán admitidos e non se aceptará a entrega de diñeiro en metálico ou cheques no xulgado.

Terceiro: poderán participar en calidade de lles cede-lo remate a terceiros.

Cuarto: en tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa realización, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Quinto: os autos e a certificación do rexistro a que se refiere a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto na secretaría do xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente, e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes -se os houbeseó crédito do actor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a realización dunha segunda o día 21 de decembro ás 10.30 horas; servirá de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa e serán da aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente, e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a realización dunha terceira o día 21 de xaneiro de 2002 ás 10.30 horas. A dita poxa terá lugar sen suxeición a tipo, debendo consignar, quen desexe tomar parte nela, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese ter lugar a poxa no día e hora sinalados, entenderase que terá lugar o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Este edicto serviralles de notificación ó/s debedor/es para o caso de non poder levarse a efecto no predio ou predios poxados.

Bens que se sacan a poxa:

Número corenta e oito: vivenda letra L da terceira planta dun edificio construído na parcela R.8.5, do polígono das Fontiñas, de Santiago de Compostela. Ten unha superficie útil de oitenta metros e trinta e seis decímetros cadrados. Linda: norte, corredor verde 10; sur, patio interior cuberto, oco de ventilación e vivenda letra K da mesma planta; leste, vivenda letra A da mesma planta, patio interior cuberto, corredor de acceso, oco de escaleiras e oco de ventilación, e oeste, vía 6. Anexos: a planta de garaxe é duns vinte metros cadrados e o rocho duns tres metros cadrados, sinalados co número corenta e oito, no soto.

Tipo de poxa: dez millóns catrocentas trinta e dúas mil seiscentas setenta e oito pesetas (10.432.678 pesetas).

Dado en Santiago de Compostela, vintecinco de setembro de dos mil un.

O/A secretario/a

Rubricado

A maxistrada xuíza

Rubricado