Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.842

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO (30/2000).

Eu, Alfonso Sánchez González, secretario da Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dou fe e certifico que nesta sala se segue o recurso de revisión número 30/2000 interposto por José Cotarelo Rodil, contra María Teresa Carballido Linares e outros, dimanante dos autos de xuízo de menor contía número 108/1998 do Xulgado de Primeira Instancia da Fonsagrada figura a seguinte sentencia nº 23/2001. Presidente: Juan Carlos Trillo Alonso. Maxistrados: Pablo Saavedra Rodríguez, Pablo A. Sande García. A Coruña, dezasete de setembro de dous mil un. A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, inte

grada polos maxistrados que se citan na marxe, viu o recurso de revisión rexistrado co número de sala 30/2000, interposto pola procuradora Concepción Pérez García, en nome e representación de José Cotarelo Ruiz, contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia da Fonsagrada o 31 de marzo de 1999, no xuízo de menor contía nº 108/1998, sobre división do monte abertal de Llencias. Recorreuse contra Jesús Méndez Pérez, Inés Carballido Rodil, Josefa Carballido Rodil, Gloria Méndez Murias, Amparo López Álvarez, José Fernández López, Adamina Fulgueiras Ron, Ana Monteserín Fulgueiras, Manuel López Castro, Ana Castro Rodil, Emilio Méndez Álvarez, José Fernández Díaz e María Teresa Carballido Linares. É maxistrado relator Juan Carlos Trillo Alonso.

Decidimos estima-lo recurso de revisión formulado por José Cotarelo Rodil contra a sentencia firme dictada polo Xulgado de Primeira Instancia da Fonsagrada o 31 de marzo de 1999, nos autos de xuízo de menor contía nº 108/1998, declarar que a sentencia se dictou inxustamente, rescindila na súa integridade e ordena-la devolución do depósito constituído polo recorrente, sen facer especial pronunciamento en canto a custas. Notifíquese esa sentencia ás partes coa indicación de que contra ela non cabe ningún recurso, e unha vez feito, devólvanse os asuntos con certificación desta resolución ó tribunal de que procedan para que as partes usen do seu dereito, segundo lles conveña, no xuízo correspondente. Así por esta a nosa sentencia confirmámolo, mandámolo e asinámolo. Asinados: Juan Carlos Trillo Alonso, Pablo Saavedra Rodríguez, Pablo A. Sande García. Rubricados.

E para que lles sirva de notificación en legal forma a María Teresa Carballido Linares ou, se é o caso, ós seus habentes-causa e á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido presente edicto na Coruña o vinte de setembro de dous mil un.