Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.842

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO (4834/2001).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Antonio Pardo Fabeiro, en nome e representación de Eutimio López Asorey, Eva Aurora Sampayo Fernández e Carmen Taboada Cadahía, contra decreto da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais 146/2001, do 7 de xuño, polo que se regula a planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia (DOG nº 125, do 28 de xuño).

Recurso número: 02/0004834/2001.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, dezaoito de setembro de dous mil un.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado