Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.839

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta de adhesión da empresa María Martínez Otero, S.A. ó convenio colectivo de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra.

Visto o texto da acta da reunión, con data do 20-8-2001, subscrita entre as representacións social e empresarial da empresa María Martínez Otero, S.A., na que amosan a súa conformidade de adhesión da devandita empresa ó convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra, que foi publicado no BOP nº 88, do 8 de maio de 2001 (cor. erros nº 107, do 5 de xuño e nº 114, do 14 de xuño) e no DOG nº 91, do 11 de maio de 2001 (cor. erros nº 131, do 6 de xullo), que por economía procedemental non procede publicar coa presente resolución, por telo feito xa, e polo tanto ser de xeral coñecemento. Procede que, ó abeiro do establecido no artigo 92 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e

servicios da Administración do Estado á Comunidade Autó

noma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACUERDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación, da adhesión da empresa María Jiménez Otero, S.A., ó convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra, que foi publicado no BOP nº 88, do 8 de maio de 2001 (cor. erros nº 107, do 5 de xuño e nº 114, do 14 de xuño), e no DOG nº 91, do 11 de maio de 2001 (cor. erros nº 131, do 6 de xullo), do que se obvia a publicación do seu texto coa presente resolución por terse publicado xa nos diarios oficiais citados, polo que nos remitimos en toda a súa integridade a estas publicacións.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 5 de setembro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo

Convenio colectivo da empresa María Martínez Otero, S.A.

Asistentes:

-En representación da empresa:

Alejandro Durán Martínez.

-CIG:

José A. Moimenta Cabaleiro.

Antonio J. Iglesias Valiñas.

Gabriel Díaz Sueiro.

-UGT:

Leonardo López Riveiro.

José Juan Barreiro Otero.

-CC.OO.:

Bautista Peón Pérez.

Na Estrada e nos locais da empresa María Martínez Otero, S.A., sendo as once horas do día vinte de agosto de dous mil un, reúnense as persoas arriba relacionadas co fin de deliberar sobre o futuro do convenio que empresa e traballadores suscribiron no ano mil novecentos noventa e oito, a vixencia do cal expirou o trinta e un de decembro de dous mil, sen que ningunha das partes o denunciase ata o momento.

Unha vez que tódalas partes se recoñecen entre si capacidade e representatividade, comeza un debate sobre a conveniencia ou non de subscribir un novo texto que substitúa o anterior.

Tanto pola parte empresarial como pola parte social se chega á conclusión de que é pertinente nestes momentos acollerse ó convenio provincial de carpintería, ebanistería da provincia de Pontevedra, dado o avance experimentado neste texto nos últimos

anos, polo que acordan unanimemente derrogar definitivamente o convenio de empresa e acollerse ó antedito convenio provincial, dando parte da súa decisión e remitindo copia da presente acta, para os efectos oportunos á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

E non habendo máis asuntos que tratar levántase a reunión, sendo as once corenta e nove horas da data indicada.