Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.838

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo da empresa Ártabra, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Ártabra, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 22-8-2001, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social, polos delegados de persoal o día 20-8-2001, de conformidade co disposto no art. 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de setembro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Acta inicial

Empresa:

José Ignacio Lago Sánchez

Manuel Batallán Casas

Traballadores:

José Vicente Pérez Monelos.

José Juan Dopico Ferreiro.

Francisco J. Vilela García.

Asesor:

Roberto Veira López-UGT.

Fernando Vázquez Martínez-UGT.

En Arteixo, o 22 de marzo de 2001, ás 17 horas, reúnense nos locais da empresa Ártabra, S.A., as representacións que á marxe se relacionan, co obxecto de inicia-las deliberacións do convenio de empresa e, con tal motivo, acordan:

1. Recoñecerse e lexitimarse con capacidade suficiente para negociar e alcanzar acordos no convenio colectivo mencionado.

2. Propor como data orientativa para as reunións os xoves de cada semana ás 17 horas.

3. Designar como secretario da comisión negociadora a Roberto Veira.

4. A representación dos traballadores fai entrega nesta reunión á representación empresarial da súa proposta de convenio para o ano 2001.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión, na hora e data arriba indicadas. Asinan todolos presentes esta acta, en proba de conformidade.

Acta derradeira

En Arteixo, o 20 de agosto de 2001, ás 17.30 horas, reúnense nos locais da empresa Ártabra, S.A. as partes que á marxe se relacionan, membros da comisión deliberadora do convenio colectivo da empresa Ártabra, S.A. e, despois das sucesivas reunións por ambas partes, acordan:

1. Prorroga-lo texto do convenio colectivo publicado no BOP o día 3-2-2001, coas seguintes modificacións:

Artigo 2º.-Vixencia.

Desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2001.

Artigo 3º.-Cláusula de revisión salarial.

Se a evolución do IPC durante o ano 2001 fose superior ó 4%, efectuarase unha revisión salarial de tódolos conceptos retributivos establecidos neste convenio.

Artigo 6º.-Retribucións.

Aproba-la táboa salarial que se xunta no anexo a esta acta, cun incremento do 4% para o ano 2001 en tódolos conceptos retributivos o 1 de xaneiro de 2001.

2. Remitir á Delegación Provincial de Traballo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais copias da acta e da táboa salarial, para os efectos legais oportunos.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás 20 horas do día arriba indicado, asinando os presentes esta acta.

ANEXO

Táboa de salarios ano 2001

CategoríaSalario

base

Complemento

convenio

Salario

bruto

Salario

anual

Peón88.76827.518116.2861.744.290

Axudante89.12428.682117.8061.767.090

CategoríaSalario

base

Complemento

convenio

Salario

bruto

Salario

anual

Ofic. 3ª89.15329.914119.0671.786.005

Ofic. 2ª89.47731.154120.6311.809.465

Ofic. 1ª89.83233.524123.3561.850.340

Encargado90.18635.311125.4971.882.455

Aux. admin.89.47731.154120.6311.809.465

Ofi. admin.89.83233.524123.3561.850.340

Vixilante88.76827.936116.7041.750.560

Nota: o salario anual está composto por 15 pagas de 30 días, incluídas as pagas de 15 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro.

Cálculo valor hora extraordinaria

As horas extraordinarias para cada categoría calcularanse de acordo co seguinte módulo e recarga:

Recarga = 75 x 100 do módulo.

Salario anual

Módulo =

1.800 horas.

Valor hora extraordinaria = 1,75 x módulo.