Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.836

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Conserveros Reunidos, S.A. (Conresa).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Conserveros Reunidos, S.A. (CONRESA) (Código convenio nº 1500382) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-8-2001, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo delegado persoal, o día 31-7-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no DOG.

A Coruña, 20 de agosto de 2001.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

Ana Mª Lado Eiriz

Secretaria provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Conserveros Reunidos, S.A. (Conresa)

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo será de aplicación á totalidade dos traballadores do cadro de persoal da empresa Conresa, de Santa Uxía de Ribeira (A Coruña), con contrato vixente o 1 de xaneiro de 2001.

Os traballadores contratados a partir do 1 de xaneiro de 2001 rexeranse polo disposto no convenio colectivo para o sector de conservas, semiconservas, afumados, cocidos, secados, elaborados, salga, aceite e fariña de peixes e mariscos, na súa totalidade.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Este convenio colectivo terá vixencia a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e os seus efectos económicos, referidos ó 1 de xaneiro de 2001.

A duración do convenio estipúlase en cinco anos, é dicir, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2001 e o 31 de decembro de 2005, tal como se establece no convenio colectivo de ámbito estatal citado no artigo 1º deste convenio.

Así mesmo, en relación a prórroga, gratificacións estraordinarias, complemento de nocturnidade, vacacións, licencias, traballo da muller, roupa de traballo, persoal fixo e comisión paritaria, aplicarase o disposto no mesmo convenio colectivo para o sector de conservas, semiconservas, afumados, cocidos, secados, elaborados, salga, aceite e fariña de peixes e mariscos.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións persoais máis beneficiosas cás asinadas neste convenio, manténdose este respecto en forma estrictamente ad personam, e para o persoal de permanencia en alta na empresa anterior ó 31 de decembro de 2000, tales como:

1. Antigüidade: os aumentos por antigüidade ó servicio da empresa quedan constituídos por dous trienios do cinco por cento e quinquenios do dez por cento calculados, en todo caso, sobre o salario base de cada categoría profesional.

2. Paga de beneficios: tódolos traballadores da empresa percibirán, en concepto de paga de beneficios e dentro do primeiro trimestre do ano, a cantidade correspondente a 30 días do salario base incrementado coa antigüidade correspondente.

3. Horas extraordinarias: as horas extraordinarias que se realicen serán aboadas coas recargas seguintes:

-85 por cento as horas extraordinarias realizadas en días laborables.

-160 por cento as horas extraordinarias que se realicen en domingo ou días festivos ou as prestadas despois das vintedúas horas.

Para calcula-lo valor das horas extraordinarias recorrerase á seguinte fórmula:

Salario hora individual.

(365+G)x(S+A)

Horas ano

Nesta fórmula:

-365 son os días do ano.

-G é o número de días de retribución por cada paga extraordinaria, verán, Nadal e beneficios.

-S é o salario base diario.

-A é a antigüidade.

-Horas ano é o número total de horas que se traballan durante o ano.

O salario base que resulta da aplicación da fórmula anterior servirá de base para determina-lo importe das horas extraordinarias.

4. Polas especiais circunstancias que concorren nas actividades da empresa, que ten que transformar artigos perecedoiros, as partes recoñecen a ineludible necesidade de traballar un número de horas extraordinarias en relación co artigo 35 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, e concordante todo co previsto no artigo 13, letras a) e b) do Acordo Interfederal (AI).

Estas horas extraordinarias traballadas terán a consideración de estructurais, de acordo co preceptuado no artigo 7 do Real decreto 1858/1981, do 20 de agosto.

En concordancia co anteriormente disposto, polos representantes dos traballadores, darase cumprimento ó disposto no artigo 4 da Orde do 1 de marzo de 1983.

5. Xornada laboral: queda fixada en 40 horas semanais, tanto en xornada partida como en continua; polo tanto, para ambos casos queda establecida na mesma duración semanal.

Para os traballadores que realicen as súas actividades en xornada continua establécese un descanso de quince minutos de duración, de maneira que non se suspenda o proceso de producción neste tempo.

En cumprimento do determinado no punto 4º do artigo 35 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, queda fixado un calendario laboral de 225 días efectivos de traballo, suma á que se chega por exclusión de domingos, sábados, festivos e período vacacional de todo o persoal.

6. Póliza de seguro: a empresa suscribirá un seguro colectivo de vida e invalidez, a favor dos seus traballadores, cunha cobertura de 1.800.000 pesetas no

caso de morte e de 2.900.000 pesetas para o caso de invalidez.

Artigo adicional.-En cumprimento do previsto no artigo 26.5º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, que aproba o Estatuto dos traballadores, faise constar:

a) O número de horas de traballo durante a vixencia do convenio será de 1.800 de traballo efectivo.

b) Que a remuneración anual dos traballadores, en función deste número de horas, é a determinada nas táboas salariais que se xuntan a este texto e cos seguintes incrementos salariais:

A estas táboas salariais aplicaráselles como incremento anual:

* Para o ano 2001 o incremento anual será do 3,5%, xa recollido na táboa anexa para ese ano.

* Para os anos sucesivos da vixencia do convenio, de 2002 ó 2005, será o IPC real a cada un deses anos, máis 0,25%.

No caso de que algún ano o IPC real sexa inferior ó previsto, as táboas que serven de base para o cálculo do incremento salarial do ano seguinte regularizaranse co dito IPC real.

As táboas salariais que se xuntan e demáis condicións máis beneficiosas recollidas no convenio son de aplicación para os traballadores con contrato en vigor no momento da sinatura deste convenio. Para os traballadores contratados con posterioridade serán de aplicación as táboas salariais do convenio colectivo para o sector de conservas, semiconservas, afumados, cocidos, secados, elaborados, salga, aceite e fariña de peixes e mariscos.

Santa Uxía de Ribeira, 31 de xullo de 2001.

Pola parte empresarial:

Juan M. Vieites Baptista de Sousa.

Pola central sindical CC.OO.:

Xosé Lamela.

Pola representación dos traballadores de Conresa:

José Ramón Pérez Amor.

Táboa salarial 2001

CategoríaPesetasEuros

Xerente248.6301.494,30

Axudante titulado219.3591.318,37

Xefe administrativo219.3591.318,37

Xefe producción219.3591.318,37

Contable166.252999,19

Administrativo145.916876,97

Encargado148.152890,41

Auxiliar administrativo143.674863,50

Aspirante administrativo90.853546,04

Mecánico141.559850,79

Oficial139.644839,28

CategoríaPesetasEuros

Chofer139.644839,28

Axudante138.129830,17

Peón134.895810,74