Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.778

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o persoal laboral do Concello de Ribadeo.

Visto o texto do convenio colectivo para o persoal laboral de Concello de Ribadeo (código 2700742), da provincia de Lugo, asinado o día 22 de febreiro de 2001 (aprobado polo Pleno do Concello en sesión do 29 de xuño), pola UGT e por parte do concello, o alcalde-presidente, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegacion provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 13 de agosto de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de traballo para o persoal

laboral do Concello de Ribadeo 2001-2003

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este acordo das condicións de traballo estende a súa aplicación ó persoal laboral, tanto de carácter fixo como temporal, coas salvidades que se dirán, ó servicio do Concello de Ribadeo.

Artigo 2º.-Período de vixencia.

Este convenio terá unha vixencia desde o 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro de 2003 e prorrogarase tacitamente agás que calquera das partes o denuncie ou sexa revisado, sempre cunha antelación mínima de tres meses á data de remate del; nembargantes non se considerarán prorrogadas aquelas cláusulas que puidesen resultar contrarias á lexislación estatal na materia.

Denunciado o convenio as partes asinantes comprométense a iniciar negociacións un mes antes do remate da vixencia do convenio, entendéndose este

prorrogado ata a sinatura dun novo, sen prexuízo do que o novo acordo determine respecto á súa retroactividade.

Artigo 3º.-Comisión paritaria de interpretación e seguimento.

Créase unha comisión paritaria de interpretación e seguimento que terá como funcións:

-Interpretación do articulado.

-Intervención obrigatoria con carácter previo á presentación de calquera conflicto colectivo ou impugnación.

-Calquera outra que expresamente se sinale neste acordo.

Fíxase como composición desta comisión: representando a Administración o alcalde-presidente, e por parte dos sindicatos os delegados de persoal laboral. Dado o carácter paritario da comisión, ambalas dúas partes á marxe do número dos seus compoñentes atópanse en situación de igualdade.

Artigo 4º.-Sistema retributivo.

1. Aplícase ó persoal laboral a estructura retributiva recollida no Real decreto 861/1986, do 25 de abril para os funcionarios.

2. As retribucións veranse incrementadas globalmente con efectos de 1-1-2001 no 2% fixado na Lei de orzamentos xerais do Estado e sen prexuízo da suba que se poida establecer para os seguintes anos de vixencia do convenio 2002 e 2003.

3. Os niveis de complemento de destino recollidos na RPT manterán cando menos a súa vixencia para os exercicios 2001 a 2003.

4. No referente á contía do CE correspondente a cada posto será aquela que vén asignada individualmente na relación de postos de traballo; con carácter de CE especial de vencemento semestral incrementarase sobre a contía mensual do CE unha suma equivalente ó CD mensual máis o CE mensual.

5. A contía das gratificacións por servicios extraordinarios fóra do horario da xornada normal serán as seguintes:

Gratificacións por servicios extraordinarios:

HorarioHorario

Gruposnormalfestivos/nocturnos

A3.7105.560

B2.3903.575

C1.8952.840

D1.5702.360

E 9801.475

* A consideración de horario nocturno fíxase entre as 22 horas e as 7 horas.

Para o persoal funcionario mantense o vixente réxime de gratificacións por asistencia a sesións.

Gratificacións por asistencia a sesións (réxime especial):

GruposContías

A6.000

B5.000

C4.000

D/E3.000

5. Nocturnidade.

5.1. Aqueles postos de traballo que teñen establecido o seu servicio normal ou parcialmente en horario nocturno teñen retribuído este concepto dentro do seu complemento específico segundo valoración asignada pola RPT.

5.2. O réxime de nocturnidade da policía local (auxiliares policía local en réxime laboral) ademais do recollido no punto anterior, queda suxeito ás seguintes especialidades:

a) Todo axente que supere o número 10 noites ó ano terá en compensación un día de descanso a maiores por cada noite realizada.

b) Os días de compensación serán desfrutados xuntos ou por separado en datas que elixirá o axente coa única salvidade de que non afecten ó normal desenvolvemento dos servicios, preferentemente xunto cos seus propios de descanso e en fins de semana.

c) Estes días desfrutaranse no mesmo ano ou no seguinte.

d) Os días de descanso comunicaranse ó xefe da policía local.

6. Anticipos.

O Concello de Ribadeo comprométese a mante-la mesma consignación vixente no orzamento municipal para esta finalidade (cun máximo de 4.000.000 de pesetas como préstamo vivo total). A contía máxima dos anticipos a que ten dereito cada empregado será de tres mensualidades ou ata catro no caso de emerxencia xustificada. A amortización do anticipo realizarase en dez, vinte ou trinta mensualidades segundo a súa contía.

Terá dereito ós anticipos o persoal laboral fixo e temporal cunha antiguidade superior a un ano en ámbolos dous casos, un anticipo por empregado co máximo cada dous anos sempre que non estea pendente de amortización outro anterior. En caso de cesamento deberá amortizarse anticipadamente. Para o persoal laboral temporal que teña dereito en caso de cesamento por calquera motivo o anticipo reintegrarase integramente coa última nómina.

7. Composición de tribunais.

En tódolos tribunais do Concello de Ribadeo para o acceso á función pública un vocal será designado pola representación sindical manténdose o establecido regulamentariamente respecto á composición técnica del e titulación dos seus membros.

8. Promoción interna.

O 50% das prazas obxecto da oferta de emprego de cada ano reservaránse á promoción interna. No

caso de que existira un só posto resevarase a este mesmo sistema sempre que resulte posible. Nas probas selectivas da promoción interna suprimiranse aqueles exercicios referidos a coñecementos acreditados para o acceso á praza de orixe.

9. Formación.

O concello incluirá nos orzamentos de cada ano consignación suficiente para facer fronte ós custos de matrícula, axudas de custos e quilometraxe xerados pola asistencia do persoal municipal a cursos de formación. Estes cursos deberán estar directamente vinculados coas funcións que desempeñe o interesado e a asistencia do funcionario quedará condicionada a que as necesidades do servicio o permitan; fíxase en 40 horas anuais o crédito de que dispón cada empregado municipal para asistencia a cursos de formación agás nos supostos especiais nos que se supere este límite, limitándose neste caso a un curso anual máximo.

10. Réxime de traballo.

Establécese o horario semanal de 37,5 horas para todo o persoal municipal, manténdose como festas non recuperables as fixadas con este carácter a nivel estatal, autonómico e local. Ademais inclúese como festa non recuperable o día de Santa Rita-patroa dos funcionarios de Administración local (22 de maio). No suposto de que este día coincida con festivo, sábado ou domingo substituirase por outro día hábil. En todo caso quedarán garantidas as necesidades mínimas dos servicios.

Para a policía local manterase o réxime de traballo por quendas, cumpríndose en calquera caso o horario legal en cómputo anual unha vez realizadas as compensacións procedentes.

11. Vacacións.

O desfrute dos 30 días legais de vacacións axustarase ó cadro aprobado anualmente pola alcaldía logo de audiencia da representación sindical. O cadro de vacacións da policía local (auxiliares da policía local) posibilitará que os axentes poidan desfrutalas en calquera época do ano se ben só se poderá ausentar en cada período un axente.

12. Saúde laboral.

12.1. O Concello de Ribadeo realizará unha revisión médica anual e gratuíta para todo o seu persoal.

12.2. Nos supostos de IT por enfermidade común ou accidente laboral o concello aboará ó seu persoal o cento por cento das súas retribucións, agás o complemento de productividade, durante os 18 meses da incapacidade temporal, no caso do persoal laboral fixo e temporal con antigüidade superior a un ano en ámbolos dous casos.

12.3. O Concello de Ribadeo reembolsará, contra presentación de factura e receita médica, ós empregados laborais (fixos e contratados temporais cunha antigüidade superior a un ano) polos seguintes custos, imputables tanto a él mesmo como o conxuxe e fillos que convivan con eles ata os 25 anos de

idade e sempre que non perciban ingresos que impliquen a obriga de realiza-la declaración do IRPF:

Oftalmoloxía:

Lentes(lonxe-cerca)5.500 pesetas

Bifocais10.000 pesetas

Lentes de contacto5.000 pesetas/cada unha

Monturas e lentes de contacto (un só uso)Non

Odontoloxía:

Pezas5.000 c/u

Empastes2.500 c/u

Implantes óseos10.000 c/u

Dentadura completa45.000

Dentadura superior ou inferior22.500

Ortodoncia (iniciado antes 18 anos)40.000

Outros:

Audífono45.000

Vehículo inválido40.000

Plantiña ortopédica2.500

Plantiñas especiais6.800

Calzado á medidaTotal factura

13. Xubilación.

Estáblecese como idade de xubilación a de 65 anos, referidos ó momento do seu cumprimento.

O persoal que se atope entre os 60 e os 64 anos de idade terá dereito como indemnización por xubilación anticipada a un soldo mensual neto por cada ano completo que lle falte ata cumpri-los 65 anos, establecéndose en calquera caso unha indemnización mínima de 327.790 (ano 2001) e unha máxima de 983.370 pesetas (ano 2001). Estas cantidades mínima e máxima revisaranse automaticamente o 1 de xaneiro de cada exercicio en función do IPC do exercicio anterior.

Non terá dereito a esta indemnización por xubilación anticipada aquel persoal implicado nun suposto de xubilación por invalidez ou outra causa non estrictamente voluntaria.

Establécese un réxime especial para o persoal laboral de limpeza de inmobles escolares en virtude do que:

a) Se teñen na actualidade máis de 65 anos e non teñen cotizado á Seguridade Social o mínimo para dispor dunha pensión de xubilación terán dereito, voluntariamente, á indemnización por xubilación na súa contía mínima no caso de que se acollan a esta.

b) No suposto de que lles falte menos dun ano para cumpri-los 65 anos, poderán acollerse á xubilación voluntaria anticipada con dereito a indemnización na súa contía mínima.

14. Seguridade e hixiene.

En desenvolvemento da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, do 8 de novembro, increméntase o número de delegados de prevención a catro a designar polo sindicatos.

O comité de seguridade e hixiene estará composto polo alcalde mailos delegados de prevención que sexan designados polas centrais sindicais segundo o parágrafo anterior.

15. Réxime disciplinario.

Mantense o réxime xeral establecido no Estatuto dos traballadores sen prexuízo doutras disposicións especiais.

16. Defensa xurídica.

Polo que respecta ós custos de defensa en xuízo as partes acordan por unanimidade que o Concello de Ribadeo asumirá os custos procesuais naqueles supostos nos que un empregado municipal sexa demandado en vía xudicial por calquera asunto directamente relacionado coas súas funcións públicas e sempre que finalmente resulte a súa inocencia.

Disposicións adicionais

Primeria.-A oferta de emprego do Concello de Ribadeo para 2001 intégrase por: 1 arquitecto superior (funcionario), 1 axudante electricista e 1 operario obras (persoal laboral). Para o ano 2002 por promoción interna 2 prazas de administrativo de Administración xeral, postos 0103 e 0104 na Unidade 01. Servicios Económico-Financeiros.

Segunda.-Recoñéceselle ó persoal laboral fixo o dereito, en concepto de antigüidade, a percepción de trienios nas contías correspondentes segundo o grupo de asimilación ó correspondente de funcionarios, como elemento das retribucións básicas. Computarase retroactivamente desde a data da sinatura do último contrato.

Terceira.-Este convenio non será de aplicación a aquel persoal laboral en réxime de contratación non escrita e tampouco a aqueles postos de traballo contratatos temporais vinculados a subvencións externas ou como consecuencia dalgún programa de emprego ou semellante (escola-obradoiro, colaboración social, programas Xunta-Corporacións Locais, etc.).

Disposición derradeira

A eficacia deste acordo queda condicionada á súa aprobación polo Concello Pleno.

Disposición derrogatoria

Única.-Quedan derrogados tódolos acordos municipais en materia de persoal, regulamentos de réxime interno e calquera disposición anterior a este convenio ou que se opoña ó seu texto.

ANEXO

Relación de postos de traballo 2001-2003

Centro directivo ou unidade administrativa: 00 Secretaría

Cod.Denominación do postoDot.Niv.Impor. mesTipoFAdscriciónFObservacións

c.d.c. espec.pto.PADMGrupoEscalaTitul. e.

0001Secretaría xeral128292.225SCA4AFHNLD/PC. superior

0002Técn. admtivo. neg. 1126118.951NAALBFAGA amortizar

0003Técn. xestión neg. 2123118.951NAALBFAGDD/DE

0004Admtivo. neg. 312197.841NAALCFAG

0005Auxiliar ngg. 211642.529NAALDFAG

0006Auxiliar11642.529NAALDLAG

0007Ordenanza11452.760NAALEFAG

Centro directivo ou unidade administrativa: 01 Servicios económico-financeiros

Cod.Denominación do postoDot.Niv.Impor. mesTipoFAdscriciónFObservacións

c.d.c. espec.pto.PADMGrupoEscalaTitul. e.

0101Interventor xeral128292.225SCA4AFHNLD-LECat. superior

0102Técn. xestión orztaria.123118.951NAALBFAGDD/DE

0103Auxiliar tesoureiro12197.841NAALCFAG

0104Auxiliar recadador11963.548NAALCFAG

0105Admtivo. rendas12197.841NAALCFAG

Centro directivo ou unidade administrativa: 02 Seguridade cidadá

Cod.Denominación do postoDot.Niv.Impor. mesTipoFAdscriciónFObservacións

c.d.c. espec.pto.PADMGrupoEscalaTitul. e.

0201Sarxento pol. local122102.314NDALCFAEAP

0202Axente pol. local101682.956NAALDFAEAP1 vacante

Centro directivo ou unidade administrativa: 03 Oficina técnica

Cod.Denominación do postoDot.Niv.Impor. mesTipoFAdscriciónFObservacións

c.d.c. espec.pto.PADMGrupoEscalaTitul. e.

0301Arquitecto126208.233NAALAFAEArquit.Vacante

0302Aparellador126122.400NAALBFAEAparellad./

arq. técnico

Centro directivo ou unidade administrativa: 04 Servicios sociais

Cod.Denominación do postoDot.Niv.Impor. mesTipoFAdscriciónFObservacións

c.d.c. espec.pto.PADMGrupoEscalaTitul. e.

0401Traballador social12397.841NAALBLAEDipl. t. so.

0402Auxiliar del hogar3***AALELAETp. 50% SMI

Centro directivo ou unidade administrativa: 05 Inmobles escolares

Cod.Denominación do postoDot.Niv.Impor. mesTipoFAdscriciónFObservacións

c.d.c. espec.pto.PADMGrupoEscalaTitul. e.

0501Celador I. Escolares11438.229NAALEFAG

0502Limpadora11316.123NAALELAETp. 60%

SMI/AA

Centro directivo ou unidade administrativa: 06 Cultura, esparexemento e deportes

Cod.Denominación do postoDot.Niv.Impor. mesTipoFAdscriciónFObservacións

c.d.c. espec.pto.PADMGrupoEscalaTitul. e.

0601Dtor. banda música12397.841NAALBLAEE.M.M.

0611Bibliotecaria11935.652NAALCLAETp. 25H/S

66,6%

0612Limpador11313.436*EELAETp. 50%

SMI/A.A

0621Celador polideport.11438.229NAALELAE

0631Auxiliar of. turismo1***AALLAETp. 15 H/S SMI

Centro directivo ou unidade administrativa: 07 Servicios de vialidade (xardinería e limpeza)

Cod.Denominación do postoDot.Niv.Impor. mesTipoFAdscriciónFObservacións

c.d.c. espec.pto.PADMGrupoEscalaTitul. e.

0701Xardineiro xefe11848.908NAALDLAE

0702Axudante xardineiro11428.106NAALELAEVacante

0703Axudante xardineiro11428.106NAALELAEVacante

0704Axudante xardineiro11428.106NAALELAEVacante

0705Cond. desbrozadora11638.230NAALDLAEVacante

0711Cond. srv. r. lixo11848.908NAALDLAE

0712Cond. srv. rec. enxoval11638.230NAALDLAEVacante

0713Oper. srv. r. lixo21437.655NAALELAE2 vacantes

0714Oper. limp. viaria71326.890NAALELAE4 vacantes

0715Oper. limp. viaria11326.890NAALELAE

Centro directivo ou unidade administrativa: 08 Servicios funerarios

Cod.Denominación do postoDot.Niv.Impor. mesTipoFAdscriciónFObservacións

c.d.c. espec.pto.PADMGrupoEscalaTitul. e.

0801Peón sepultureiro11548.488NAALDLAE

Centro directivo ou unidade administrativa: 09 Servicios de mercados e comercio interior

Cod.Denominación do postoDot.Niv.Impor. mesTipoFAdscriciónFObservacións

c.d.c. espec.pto.PADMGrupoEscalaTitul. e.

0901Celador mercado11438.229NAALEFAEC.P.

Centro directivo ou unidade administrativa: 10 Servicio de mantemento de instalacións e infraestructuras

Cod.Denominación do postoDot.Niv.Impor. mesTipoFAdscriciónFObservacións

c.d.c. espec.pto.PADMGrupoEscalaTitul. e.

1011Electricista11848.908NAALDLAE

1012Axte. electricista11228.106NAALDLAE

1021Oficial encarg. obras11538.229NAALDLAE

1022Oficial obras31438.229NAALELAE1 vacante

1031Cond. pa11638.229NAALDLAE

1041Capataz11848.908NAALDFAE

* Os anexos correspondentes ás claves utilizadas, á valoración do CE, do c. de productividade, das gratificacións e a descrición dos postos figuran nos anexos correspondentes do expediente coa dilixencia da secretaría municipal.

Dilixencia.

Para facer constar que este acordo das condicións de traballo para o persoal funcionario ó Servicio do Concello de Ribadeo foi aprobado polo Pleno do Concello en sesión do 29 de xuño de 2001.

Ribadeo, 2 de xullo de 2001.

O secretario

Rubricado