Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.776

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de outubro de 2001, que modifica a do 27 de marzo de 2001, pola que se definen as bases reguladoras dun programa de axudas para o cesamento anticipado na actividade agraria e se convocan estas para 2001.

Detectada omisión de anexo V na Orde do 15 de outubro de 2001, que modifica a do 27 de marzo de 2001, pola que se definen as bases reguladoras dun programa de axudas para o cesamento anticipado na actividade agraria e se convocan estas para 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 200, do día 16 de outubro de 2001, procédese á súa publicación tal e como segue, que deberá considerarse incluído a continuación do texto da devandita orde: