Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.746

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DE BANDE

CÉDULA de emprazamento e notificación (51/2001).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Bande, en autos de divorcio contencioso 51/2001, empraza por medio desta cédula a Jesús Cid Santos, con domicilio descoñecido, para que no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ó do emprazamento compareza perante este xulgado coas seguintes prevencións legais:

1º Se non comparece, declararase en situación de rebeldía procesual e notificada esta, non se levará a cabo ningunha outra, agás a da resolución que poña fin ó proceso (artigos 496 e 497 da Lei 1/2000, de axuizamento civil).

2º A comparecencia en xuízo debe realizarse por medio de procurador, coa asistencia de avogado (artigo 750 da LEC).

3º Debe comunicarlle a este tribunal calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso (artigo 155.5º parágrafo primeiro da LEC).

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Jesús Cid Santos, esténdese esta cédula para que sirva de cédula de emprazamento e notificación.

Bande, 10 de setembro de 2001.

O secretario

Rubricado