Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.746

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (955/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber: que nos autos nº 955/2000 seguidos por instancia de Ángel Bermúdez Rodríguez contra Antonio Varela Fraga, S.L. sobre salarios, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonio Rey Eibe, dictou sentencia, na data 9-6-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Ángel Bermúdez Rodríguez, contra a empresa Antonio Varela Fraga, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante da suma de 351.548 pesetas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar resgardo acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Antonio Varela Fraga, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Eduardo Pondal, 15, baixo, Oleiros, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 6 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado