Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.747

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (26/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber, que nos autos número 26/2001, seguidos por instancia de Ángeles Paincieiras Castro contra Confecciones Gelt, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 6-9-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Ángeles Paincieiras Castro, contra a empresa Confecciones Gelt, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento da suma de 55.737 pesetas.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Confecciones Gelt, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido no Temple, Cambre, 15679 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 6 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado