Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.747

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (607/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o nº 607/2001 por instancia de Ramón Fernández Vence, contra a empresa Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L. e Fogasa sobre despedimento, dictouse a seguiente sentencia:

«Na Coruña, 17 de setembro de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo nº 607/2001, seguidos por instancia de Ramón Fernández Vence, maior de idade, asistido polo letrado Miguel Nouche Ferreira, contra a empresa Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., que non comparece, e o Fogasa, representado e asistido pola letrada María Paz Gómez Vázquez, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Ramón Fernández Vence contra a empresa Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., con intervención do Fogasa, absolvendo á empresa demandada dos pedimentos da demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que a referida só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xus

tiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, do que coñecerá no caso a Sala do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 17 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado