Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.746

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DA CORUÑA

EDICTO (37/2001).

Eu, María José Gil Taboada, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña,

Fago saber que neste xulgado se seguen autos de expediente de xurisdicción voluntaria co número 37/2001-X, promovidos por María Pilar Pazos García, representada pola procuradora María Dolores Neira López, sobre declaración de falecemento de José Luis García Pazos, quen arredor dos anos 1964 ou 1965 abandonou o domicilio familiar sito na Coruña para ir residir a México, sen que, desde aquela se volvese ter coñecemento do seu paradoiro nin se tivese ningunha outra noticia acerca del, sendo o seu último domicilio coñecido en Avda. Xeneral Sanjurjo 12-14, 8º dereita, A Coruña.

E para que así conste e sirva de aviso a todas aquelas persoas ás que lles poida interesa-la existencia do expediente, para os efectos do artigo 2.042 da Lei de axuizamento civil, expido, selo e asino este edicto na Coruña o dezaoito de xuño de dous mil un.

A secretaria xudicial

Rubricado