Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOECHE

ANUNCIO de licitación.

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 4 de outubro de 2001, aprobou o expediente de contratación da obra de rehabilitación do castelo de Moeche, 1ª fase, e a iniciación do correspondente expediente de licitación mediante concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia. De conformidade co artigo 78 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, anúnciase o correspondente concurso coas seguintes características:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Moeche.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: é obxecto do concurso a adxudicación do contrato de obras de rehabilitación do castelo de Moeche, 1ª fase, segundo proxecto redactado pola arquitecta Alejandra Quintáns Casais.

Lugar de execución: Moeche.

Prazo de execución: 8 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 79.999.999 pesetas (480.809,68 euros).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de información:

Entidade: Concello de Moeche.

Domicilio: Campos do Foxo, s/n.

Localidade: Moeche.

Teléfono: 981 40 40 06.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo K, subgrupo 7, categoría D.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: 13 días a partir da publicación do último anuncio (BOP ou DOG).

Documentación que hai que presentar: a esixida no prego de condicións.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Moeche.

9. Apertura de ofertas:

Entidade: Concello de Moeche.

Data e hora: 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Moeche, 8 de outubro de 2001.

Xulio Cribeiro García

Alcalde