Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número: 5/2001.

2. Obxecto do contrato: a subministración de adquisición de equipo recolector-compactador para recollida do lixo.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente.

4. Orzamento base de licitación: 18.000.000 de pesetas (108.182,18 euros).

5. Garantía provisional: 360.000 pesetas. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, das 9 ás 14 horas, no prazo de 13 días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase conforme o seguinte modelo:

D..., con DNI número..., expediedo en..., con data do..., en nome propio (ou en representación de..., como acredita por...), con domicilio para efectos de notificacións en..., informado da convocatoria de concurso para a contratación da subministración dun equipo recolector-compactador para o servicio de recollida do lixo con destino ó Concello de Moraña, anunciada no Diario Oficial de Galicia número..., con data do..., toma parte nel e comprométese a

realiza-la subministración de acordo co prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que acepta integramente, no prezo de... (en letra e número); esta oferta comprende o prezo de contrata e o importe sobre o valor engadido. Lugar, data e sinatura.

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 14 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

Moraña, 8 de outubro de 2001.

José A. Eiras Paz

Alcalde