Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-378).

Por resolución desta Alcaldía 4.854/2001 con data do 19 de setembro de 2001, acordouse aprobar inicialmente a delimitación do ámbito do SUNP B-30-R, no Carballo-San Pedro de Nós, tramitado por Antonio Míguez Pardo e outros.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables polo prazo de vinte días, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 1 de outubro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidente