Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) e do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) para a creación da ordenanza especial OE-5 (Galeras-Universidade).

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 16 de xullo de 2001, aprobou definitivamente a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) e do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) para a creación da ordenanza especial OE-5 (Galeras-Universidade).

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 226, o día 1 de outubro de 2001, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo