Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión celebrada o día 28 de agosto de 2001, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar con carácter definitivo unha modificación puntual do PXOU que ten por obxecto a recualificación como uso global industrial dunha parte da área 8 de SUNP delimitada no PXOU, reaxustando o ámbito desta área coa incorporación dunha superficie de aproximadamente 7.000 m ó leste dela, segundo texto refundido redactado polo arquitecto municipal no que se introducen, respecto ó documento que foi aprobado inicialmente, as reformas aprobadas por acordo plenario do 13 de marzo de 2001 e que supoñen a reducción da superficie inicialmente afectada pola modificación.

2. Proceder á publicación deste acordo no BOP e no DOG e á súa comunicación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dán

dolle traslado de copia autenticada do expediente administrativo tramitado e de dous exemplares dilixenciados do documento definitivamente aprobado.

3. Determinar que este acordo é firme en vía administrativa e que pode ser impugnado directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa sen prexuízo do potestativo recurso de reposición, segundo dispoñen ás súas normas reguladoras.

Culleredo, 4 de setembro de 2001.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde