Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.558

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector do comercio da pel.

Vista a acta da revisión salarial do convenio colectivo para o sector do comercio da pel, con nº de código 3600335, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-8-2001, subscrita pola comisión paritaria do convenio en data 24-7-2001. De conformidade co disposto nos artigos 10 e 13 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de agosto de 2001.

P.A.

Luis Boullosa Nores

Secretario provincial de Pontevedra

Táboa salarial anexa para o ano 2001

Categorías Salario mensual

Pesetas Euros

* Grupo I
Enxeñeiros e licenciados 126.518760,39
Axudantes técnicos 107.524646,23
Practicantes 95.924576,51

* Grupo II
Xefe de persoal 120.193722,37
Xefe de ventas 120.193722,37
Xefe de compras 120.193722,37
Encargado xeral 120.193722,37
Xefe de almacén 107.524646,23
Xefe de sucursal 107.524646,23
Xefe de grupo 107.524646,23
Xefe de sección 96.179578,05
Encargado de establecemento,

vendedor, comprador

95.540574,21
Viaxante 96.179578,05
Corredor de praza 90.777545,58
Dependente 95.795575,74
Dependente maior 105.096631,64
Axudante 88.929534,47

Traballadores en formación: 85% do

salario da categoría para a que se vai

formar (artigo 21-Contratación).

Categorías Salario mensual

Pesetas Euros

* Grupo III
Xefe administrativo 111.563670,51
Xefe de sección 103.693623,21
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo 95.540574,21
Oficial administrativo 113.864684,34
Auxiliar de caixa 95.540574,21
Auxiliar administrativo 95.540574,21

* Grupo IV
Debuxante 107.861648,26
Escaparatista 95.540574,21
Rotulista 95.540574,21
Cortador 95.540574,21
Axudante de cortador 95.540574,21

* Grupo V
Persoal de limpeza: a razón de 651 pesetas/hora3,91 euros/hora

Profesionais de oficio: nas demais

categorías non previstas nesta táboa

faranse as asimilacións que correspondan.

Artigo 13º.-Complemento de transporte.

Establécese para todo o persoal das empresas afectadas por este convenio un complemento de transporte que, para o ano 2001, será de 8.715 pesetas mensuais. O seu devengo efectuarase en 12 pagas.

En todo caso, este complemento terá a consideración de concepto extrasalarial para tódolos efectos, polo que non se computará para o cálculo de antigüidade consolidada, gratificacións extraordinarias, etc., e tampouco se percibirá cando o traballador se atope en situación de incapacidade temporal. Quedará, así mesmo, exento de cotización á Seguridade Social.

Vigo, 24 de xullo de 2001.