Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 18 de outubro de 2001 Páx. 13.557

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito, e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta do convenio colectivo da empresa Citroën Hispania, S.A.

Vista a acta asinada polos compoñentes da comisión negociadora e comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Citroën Hispania, S.A., nº de código 3600282, con data do 12 de xullo de 2001, e que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18 de xullo de 2001, sobre modificación dos artigos 1º, 2º, 9º, 12º, 47º e 48º, para adaptalos á nova reordenación xurídica do grupo PSA Peugeot Citroën en España e xa prevista no penúltimo parágrafo do artigo 7º do devandito convenio, esta autoridade laboral, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e déposito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á

Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 6 de agosto de 2001.

P.A.

Luis Boullosa Nores

Secretario provincial de Pontevedra

Convenio colectivo 2001-2003

Acta

Asistentes:

Presidente:

Carlos Terceiro Lomba.

Representantes da dirección:

Eloy Álvarez Pérez.

José Ramón Coira Durán.

José M. Fernández Barbeitos.

Antonio Garrote Cobelo.

José J. González Estévez.

José Antonio Martínez Ríos.

Miguel A. Puyme Rey.

Ramón Torres Bua.

Representates dos traballadores:

Antonio Álvarez Rodríguez.

Mª Felisa Arenas Villarroel.

Juan Cantos Oliva.

Fernando Espinosa Castro.

Roberto Fernández Barros.

Antonio Fernández García.

Benito Fernández Rodríguez.

Domingo Fernández Valcárcel.

José A. Fontenla Vieitez.

Anxo González Ferreira.

Manuel Pais Acevedo.

Enrique Pérez González.

Eleuterio del Pozo Cuadrado.

Mª Elena Quintas Piñeiro.

Jovito Rivas Pérez.

Mª Teresa Tenoira Rodríguez.

Secretario:

José Carbajal Húmara.

En Vigo, o 12 de xullo de 2001, reúnense as persoas arriba sinaladas, compoñentes todas elas da mesa negociadora e da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Citroën Hispania, S.A., no seu centro de Vigo, convenio asinado con data do 26 de marzo de 2001, con vixencia para os anos 2001, 2002 e 2003.

No dito texto e no penúltimo parágrafo do seu artigo 7º, as partes fixeron a seguinte previsión:

A comisión paritaria queda habilitada para levar a cabo as actuacións administrativas que procedan para a adecuación deste convenio colectivo, ante unha eventual ordenación xurídica das empresas do grupo PSA Peugeot Citroën en España.

Conforme a dita previsión e por convocatoria do presidente, as partes negociadoras así como a comisión paritaria deste convenio formalizan esta reunión.

Neste acto déixase constancia de que tal reordenación xurídica das empresas do grupo en España se materializou formalmente como coñece o comité de empresa e as seccións sindicais. Con data do primeiro dos correntes quedaron constituídas tres sociedades, dúas delas de ámbito comercial para cada unha das marcas Peugeot e Citroën e unha terceira, Peugeot Citroën Automóviles España, S.A., de índole industrial, con dous centros de traballo en Vigo e Madrid. Como puntualización, maniféstase que o centro de distribución de vehículos do Porriño pasou a integrarse na sociedade Automóviles Citroën España, S.A., aínda que este convenio colectivo será de aplicación ós traballadores deste centro durante toda a súa vixencia.

No que afecta o ámbito territorial persoal deste convenio colectivo, constátase que a antiga sociedade Citroën Hispania, S.A., no seu centro de traballo de Vigo, soamente se viu afectada na súa denominación social, permanecendo inalterados o seu domicilio social, CIF e demais datos identificadores. En cumprimento da previsión antes mencionada, resulta pois obrigada a modificación daquel articulado do convenio colectivo que conteña a referencia de Citroën Hispania, S.A., modificándoa pola de Peugeot Citroën Automóviles España, S.A., -PCAE-, comunicando tal circunstancia á autoridade laboral que ten en depósito o dito convenio e o publicou. Concretamente, a modificación apuntaría ós seguintes artigos: 1º, 2º. 9º, 12º, 47º e 48º.

A representación social foi informada durante o proceso da reordenación xurídica mencionada e está de acordo coa adecuación do texto do convenio colectivo á actual denominación social da sociedade titular do centro de traballo.

En definitiva, a comisión paritaria e comisión negociadora do vixente convenio colectivo acordan, por unanimidade:

-Modifica-la denominación do convenio colectivo 2001/2001, substituíndo as referencias a Citroën Hispania, S.A. pola de Peugeot Citroën Automóviles España, S.A.

-Delegar en Carlos Terceiro Lomba, co fin de que comunique á autoridade laboral os acordos adoptados e esta acta, co obxecto dos trámites que resulten regulamentarios.

En proba de conformidade, asínano no lugar e na data arriba indicados.

O presidente.

O secretario.

Representantes da dirección.

Representantes dos traballadores.