Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 17 de outubro de 2001 Páx. 13.534

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (485/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña,

Dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 485/2001, por instancia de Amadeo Ferreras Díez, contra Canlevial, S.L. e outros, sobre despedimento que se dictou sentencia en data

30-8-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Fallo:

Que, estimando a demanda promovida por Amadeo Ferreras Díez, contra a empresa Rafael Alberto Míguez Candal, Canlevial, S.L. e Galevial Construcciones, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado contra a demandante en data 16-5-2001, condenando a demandada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou o aboamento da cantidade de 139.932, en concepto de indemnización e o aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución a razón de 5.000 pesetas diarias. Así, por esta a miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presenta-lo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó

tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o comprobante de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, nº 5.605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo subsituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debe consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o comprobante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose o mesmo desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e firmo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Canlevial, S.L. e a Ramón Alberto Míguez Candal, expido e asino o presente edicto na Coruña o 7 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado